A Parva acolleu a inauguración da exposición ‘As praceiras fan a praza’ no FFoco

A Parva acolleu a inauguración da exposición ‘As praceiras fan a praza’ no FFoco
Inauguración da exposición 'As praceiras fan a praza'

 A Parva, a cantina do mercado de San Agustín, acolleu este mediodía a inauguración da exposición ‘As praceiras fan a praza’’ dentro do festival de fotografía FFoco. A fotógrafa experimental Tania Vila documenta o espertar do recinto, a súa actividade e o seu peche e valoriza as súas protagonistas, maioritariamente mulleres, que alí traballan.


O proxecto, impulsado por Alba Barbadillo e Ángela F. Casal, socias cooperativistas da Parva, busca “mostrar o que a clientela non ve normalmente, o labor que fai posible a venda do produto máis fresco e sustentable a diario no mercado máis céntrico e valioso arquitectonicamente da cidade”. 

 

Tania Vila (Albeiros, Lugo) é filóloga e tradutora de alemán e participou en distintas publicaciones con fotos analóxicas e collages. As fotografías do mercado foron tomadas de xeito manual cunha cámara analóxica de hai 50 anos, unha Pentax ME Super.


A mostra poderá visitarse na terraza interior que o posto ten no mercado de luns a sábado en horario de mañá. No mesmo lugar celebrouse hoxe o aperitivo que ofrece o propio festival. Nado en 2017, FFoco consolidouse como o escaparate imprescindible para amosar e coñecer o estado actual da fotografía documental en Galicia, sendo o único festival destas características na comunidade. Nesta edición, a relación entre lugares e identidades, as lindes entendidas como as liñas reais ou imaxinarias e os límites da propia fotografía son os eixos temáticos do festival.

A Parva acolleu a inauguración da exposición ‘As praceiras fan a praza’ no FFoco

Te puede interesar